ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Cultural Maniños xa ten o seu billete para a gran final da Copa Ferrol tras eliminar este domingo ao Rosalía de Vilaboa en Valdoviño. O equipo branco sufriu pero logrou levarse a vitoria por 0-1 nun partido marcado pola intensidade e o xogo directo, cumprindo os prognósticos dunha eliminatoria de máxima rivalidade. A final da Copa entre o Maniños e o Val xogarase o sábado 23 de maio nunha hora e campo ainda por determinar.

O técnico do Maniños, Adrián Martínez, analizou o encontro destacando o dominio territorial dos seus na primeira metade, onde gozaron de varias ocasións claras que non lograron materializar. "Foi o partido esperado: moi competido, bronco e con moito balón parado", explicou o adestrador. O gol do triunfo chegou no minuto 63 da man de Javi González. A xogada naceu nun saque de banda colgado ao primeiro pau; tras un primeiro remate de cabeza que petou na madeira, o propio Javi aproveitou o rexeite para enviar o balón ao fondo das mallas. Malia que o Maniños tivo opcións á contra para sentenciar, o equipo tivo que "saber sufrir" nos instantes finais ante o pulo local.
Derbi contra O Val na final
O rival do Maniños será o SDR O Val de Narón, que tamén selou o seu pase pola mínima (0-1) ante o Galicia de Caranza cun gol nos últimos compases do partido.
Malia que a ilusión pola Copa é máxima, o técnico fenés mantén os pés no chan: "Na liga queremos competir o que queda".
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora