O Maniños seduce en Narahío pero empata

O Maniños seduce en Narahío pero empata

23 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

De menos a máis vai o Cultural Maniños na Segunda Autonómica de fútbol. Empezou a tempada con dúbidas e os resultados non aparecían. Ao remate o valor da persistencia impónse, e os do campo do Pote recuperan crédito, xornada a xornada. Onte arrincaron 1 punto na súa visita a Narahío e agora xogarán tres partidos seguidos na casa, diante do Perlío, o Ortigueira e o Barallobre

O Maniños empezou xogando ben nun campo en malas condicións. Tal e como transcurriu o partido, o empate é un resultado xusto, para Angel Mahía. O adestrador do Maniños abandonou Narahío preocupado polo estado de varios xogadores.

Deportes