O Maniños ten doado o ascenso

O Maniños ten doado o ascenso

28 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Antes caeu o Barallobre e onte tocoulle ao Maniños caer do campionato da Copa da ría fronte ao Mandiá por un estreito resultado de 0-1. Pero o Maniños consólase pensando na posibilidade do ascenso de categoría.

Hai duas prazas de ascenso e tres candidatos, entre eles o equipo do Pote. “Malo será” porque cunha victoria xa ascenderían, afirmaba o mister do Cultural Maniños esta mañán en Radio Fene. Maniños- Abellá é o próximo encontro que xogarán os de Mahía na casa.

O Perlío é o único equipo fenés que se mantén na competición da copa, ademais folgadamente despois de colocar cinco goles onte na portería do Neda. Así que os de Beceiro pasan a cuartos de final, cun grupo difícil. O proximo encontro será contra o Meirás.

 

 

Sociedade