O manifesto poético do Concello de Fene para o Día da Muller

O manifesto poético do Concello de Fene para o Día da Muller

04 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Muller da sombra” é unha homenaxe “a todas aquelas mulleres que, ao mellor, xa non están entre nós pero que viven na memoria. Mulleres sinxelas que construíron co seu traballo a realidade cotiá do seu momento. Mulleres ás que lles tocou vivir nun mundo difícil e que pasaron por momentos moi duros”. Con estas palabras define a escritora Dulce López Rivera o poema que elaborou, a petición do Concello de Fene, como manifest

Os versos que a autora fenesa adicou ás súas avoas, falan da enorme sabedoría das nosas antepasadas e do moito que traballaron, pero tamén chaman a atención sobre o esquecemento ao que moitas se viron abocadas.

“Sae do teu soño de violetas / e ven falar das que contigo partiron, / das que mortas de cansazo / levitan na escura desmemoria”, di o poema de Dulce López. A escritora asegurou a Radiofusión que xa era hora de renderlles unha homenaxe a todas estas mulleres do noso pasado “para evitar que caian no esquecemento e no desprezo”.

Logo de participar como xurado no certame de Cartas de Amor de Radiofusión e de elaborar o Manifesto Institucional do Concello de Fene para o Día da Muller, Dulce López asegura que continúa a escribir e a preparar os seus vindeiros libros. Para comezos do verán anuncia a publicación dun novo poemario, aínda que tamén adianta que está a traballar nun libro de relatos.

Sociedade