O maquinista, en comisaría

O maquinista, en comisaría

27 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O maquinista do tren Alvia Francisco José Garzón permanece detido na Comisaría de Policía da rúa Rodrigo de Padrón en Santiago de Compostela. As 12 do mediodia recibiu a alta hospitalaria e foi trasladado ás dependencias policiais imputado por un posible delito de homicidio por imprudencia.

Os enseres dos pasaxeiros do tren están a disposición dos seus familiares no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. O presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo fixou un funeral oficial ás 19 horas do luns na catedral compostelana. Asimesmo amosou a disposición do goberno galego a acordar coas restantes forzas políticas un acto cívico en memoria das vítimas.As dúas caixas negras do tren, fundamentais para coñecer os detalles do sinistro, están baixo custodia policial, á espera de que o xuíz, Luis Alaiz, titular do xulgado número 3 de Santiago, remate coas tarefas de identificacións e ordee a súa apertura. Nese momento saberáse se houbo algún fallo no sistema de freado do tren, e todo o que ocurriu na cabina da locomotora minutos antes das 20,41 horas do 24 de xullo.

Sociedade