ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nas vésperas do Día do Carme e próxima a pechar os actos do seu centenario, o patrón maior da Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, Jorge López, fai balance dun ano de intensa actividade para dar a coñecer os produtos da ría en Radio Fene.
Con moi boa acollida, promocionaron os produtos da ría durante todo o ano en numerosas feiras turísticas e gastronómicas celebradas en distintas cidades españolas, contando coa colaboración de cociñeiros que realizaron show cookings. Agora, traballan nos preparativos da Festa do Marisco 2024. Celebrarase no porto de Barallobre na fin de semana do 17 e 18 de agosto e apostan nela por apoiar a grupos de proximidade. Para o sábado 17 hai prevista unha degustación de vieira e marolo, nun show cooking a cargo do cociñeiro Marcos Cabanas, do restaurante A Oliveira de San Mateo. Tamén comida e cea populares a base de produtos da ría e pecharase a conmemoración do centenario cunha homenaxe aos socios da Confraría. Para o domingo está programado outro show cooking con degustación de navallas e ameixas, nesta ocasión preparados polo cociñeiro Nair González do Muelle 43 de Mugardos, e xantar popular. As actuacións musicais correrán a cargo da banda Setestrelo de Airiños de Fene, Keepers, SinTrom Ni Son, La Promesa e Malditos Pendejos.
Publica o teu comentario agora