O Medio Natural e Calidade de Vida na ollada dos alumnos do IES Maruxa Mallo

O Medio Natural e Calidade de Vida na ollada dos alumnos do IES Maruxa Mallo

16 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Con motivo da visita dos profesores e alumnos polacos e lituanos que visitaron Ordes en días pasados, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos da localidade lituana de Druskininkai e a polaca de Pszczyna, as profesoras responsables do proxecto Mª Isabel Mato e Mª Cristina París fixeron entrega a Jesús Pedreira, como concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural,

Asimesmo, o traballo inclúe a entrevista realizada ao edil durante a que destacou que "o futuro saudable do medio ambiente pasa por traballar coa xente nova coma vós" e na que lles contou de primeira man a política ambiental levada a cabo nos últimos anos no concello. 

O edil de Medio Ambiente celebrou que os centros educativos da vila aposten por promover experiencias multidisciplinares como o Proxecto Comenius que califica de enriquecedora e que lle dá a posibilidade ós alumnos de compartir actividades de fomento da educación medioambiental, así como potenciar o coñecemento cultural entre os dous países.

Sociedade