O medio rural aporta ás cidades algo máis que alimentos

O medio rural aporta ás cidades algo máis que alimentos
30 de Outubro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Queremos hoxe falarvos da importancia que ten o medio rural para o desenvolvemento das cidades, xa que fai un papel de soporte, en moitos casos sen contrapartida, e proporciona á cidade boa parte da enerxía.

ESCOITA O PODCAST:

Por exemplo, é evidente que a enerxía eólica non se produce nas cidades. Os espazos rurais proporcionan moito máis que alimentos, e non somos conscientes desta realidade. Segundo a profesora universitaria Mar Pérez Fra, sobre as zonas rurais, produtoras de enerxía ademais de reservorio ambiental, recae os custes do mantemento de boa parte do patrimonio pero a riqueza que este patrimonio natural xenera non revirte neses espazos. Parece lóxico que parte deses beneficios xenerados por ese hábitat, debera empezar a chegar tamén á xente que vive neses espazos. 

Temos que ter en conta que o rural non pode ser entendido como un espazo homoxéneo en Galicia, pouco ten que ver o Baixo Miño, coa Veiga en Ourense ou cos Ancares, e non deben, xa que logo, ser tratados como espazos similares. Son espazos con recursos e necesidades diferentes. Por exemplo, na Montaña de Lugo hai unha ampla oferta de vivendas valeiras, pero en condicións de habitabilidade que dificultan a súa utilización por parte de xente nova; a outra cara da moeda está nas zonas costeiras, os usos turísticos son os que impiden o acceso á vivenda da mocidade. 

Beneficios que non reverten nos espazos que os xeneran.

Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.

Fotografía: César Galdo

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora