O Meirás e o San Pablo adiantan o seu partido de Copa para o sábado

O Meirás e o San Pablo adiantan o seu partido de Copa para o sábado

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os octavos de final da Copa Delegación Ferrol de fútbol celébranse o vindeiro fin de semana a partido único. Todos os encontros celebraránse o domingo ás cinco e media da tarde exceptuando o Meirás - San Pablo que se adianta para o sábado ás seis da tarde no Misael Prieto.

O Meirás é o favorito da Copa deste ano ao tratase dun equipo que procede da Primeira Autonómica. Pero tamén lle farán fronte o Eume, o Ortigueira ou o Mugardos B. Precisamente os mugardeses xogarán na Pedreira diante do seu eterno rival, o Numancia de Ares.

Outros encontros da xornada son os seguintes:

Canido - Somozas B

Cariño - Maniños

Narón B - Narahío

Eume - Bemantes

Barallobre - Ortigueira

Miño - Caranza

Mugardos B - Numancia Ares

Deportes