ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Meirás abre o prazo de inscrición nos equipos da entidade para a tempada 2009- 2010. Formarán conxuntos na categoria xuvenil (nacidos no 93,92 e 92) cadete ( 94 e 95) infantil (96 e 97) e alevín (98 e 99).
Un autobús recollerá aos nenos para os adestramentos en Freixeiro, pasando por Caranza, Praza de España e estrada de Catabois ata Meirás e regreso ao remate coas mesmas paradas. Os nenos non pagan cuota algunha para xogar, aportandolles o club roupa para xogar e para adestrar e lavandolles a mesma sen cargo algún. Os técnicos do club atenden ás persoas interesadas os luns, xoves e venres no campo de fútbol do Meiras desde as seis da tarde. Tamén facilitan información no teléfono 617 472338 ou no 981 486555.