ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“O libro segue sendo un obxecto de prestixio para agasallar”, o novo presidente da Asociación Galega de Editoras, o ferrolán Miguel Toval, anima a mercar libro galego como agasallo de Nadal. Para o ano 2025 pide mellor relación coas administracións públicas galegas.

“Creo que é posible, pero eu son un optimista, senón non me dedicaría a isto”, ironiza o presidente da Asociación Galega de Editoras. O principal problema do sector é un índice de vendas “moi baixo, moi por debaixo do catalán e o vasco”. Os números cantan, “se vendemos o 8% de libro galego quere dicir que o castelán vende o 92%”, detalla Miguel Toval.
A lingua
A debilidade da industria editorial galega contrasta co gran nivel creativo dos autores. “O sector é moi potente a nivel creativo, pero non se reflicte nas vendas”, explica o responsable da Editorial Embora. A causa é clara “ten que ver coa situación do idioma, o principal problema no sector cultural, non só no editorial, é a situación do idioma: perde falantes e prestixio social”.
Publica o teu comentario agora