O mellor conservado

O mellor conservado
17 de Outubro, 2022 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Castelo de Moeche é o castelo medieval mellor conservado das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e o que conta co horario de visitas máis amplo. “Destaca tamén pola súa variada actividade cultural”, afirma Duarte Basoa, guía do castelo, en Onda ODS.

 

ESCOITA O PODCAST:

Son moitos os aspectos que chaman a atención deste castelo. Non é o típico castelo roqueiro que está nun alto senón que está situado nun val cunha clara intención. “O Castelo de Moeche é un símbolo, era o símbolo da opresión dos señores contra os servos, unha fortaleza na que se teñen perpetrado matanzas e queimado colleitas”, explica o técnico do Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, Duarte Basoa. Coñecer e divulgar a historia dun lugar forma parte da reactivación do medio rural. Manter vivas estas zonas é un dos retos país que se enmarcan dentro da Axenda 2030. Hoxe, en Onda ODS, entramos no Castelo de Moeche.

Na imaxe, Duarte Basoa (guía do Castelo de Moeche)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora