ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os grandes murais do Perla mural fest van collendo forma. Fronte á escola Concepción Arenal en Chamoso xa se distingue a imaxe dun músico dos Andes. Ao pé da igrexa de Fene, xa se situou o guindastre que utilizará Sfhir para trasladar a súa obra de arte. Sfhir coa violoncelista de Fene logrou o pasado ano a calificación do mellor mural do mundo no portal street city art.
Fene lo-grou o ano pasado a calificación do mellor mural do mundo co traballo “A violonchelista de Fene” do muralista Sfhir. Conseguiu o maior número de votos na plataforma streetarts competindo con murais de cidades de todo o mundo. O artista madrileño utilizou a técnica da Anamorfose, para forzar ao espectador a un determinado punto de vista preestablecido, desde o que o elemento cobra unha forma proporcionada e clara. A ilusión óptica permite ver unha determinada imaxe porque a intérprete do violonchelo xoga coas ventás do patio interior do inmoble, que coinciden cos trates do instrumento. A luz fíltrase polos vidros. Quizais ese xogo, influira para lograr o premio.
Publica o teu comentario agora