O mellor, o resultado

O mellor, o resultado
07 de Febreiro, 2023 - 02:25 h. | Publicada por Radio Fene

“O mellor foi o resultado”. O Maniños sumou tres puntos en Narón. O Val B 2- 3 Maniños. Para o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo, a vitoria foi o mellor do encontro nun partido condicionado polo vento

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido un tanto raro, puidemos ter metido un gol no 1´. En tres ocasións fallamos. Puxémonos gañando 1-3. Ao final métennos o 2-3, un auténtico golazo e case acabamos pedindo a hora”, describe o míster. “Para min foi o peor partido que fixemos en toda a temporada, cometemos erros que con outros equipos igual nos penalizarían, pero O Val é un equipo de nenas moi novas, que están mellorando”. Un aspecto positivo que resalta: os nosos goles foron marcados por distintas xogadoras. No debe, “ao equipo fáltalle moita experiencia, o equipo reláxase ante algúns rivais, iso non me gusta, gústame xogar ben contra o primeiro e contra o último”. Tamén recoñece que o tempo xogou en contra “non axudaba moito, había moito vento”. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora