O mellor, os tres puntos

O mellor, os tres puntos
22 de Novembro, 2023 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“O bo é que trouxemos os tres puntos”. Así valora a última xornada da Segunda Galicia de fútbol feminino o técnico do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. Milagrosa 1-4 Maniños.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Satisfeito” á volta de Lugo, pero Juanjo Iñiguez matiza “o marcador é un pouco enganoso, custounos moito, ata o minuto 80 estivemos pelexando moito”. Na mesma liña, o segundo adestrador, Pablo Iñiguez, opina “non se pode xogar con esa presión ata o minuto 80, estar empatadas 1-1 podendo ter un resultado sólido a principios do partido”.

Ao míster do Maniños gustoulle o bo facer do equipo rival “encantoume, son xogadoras moi novas e fáltalles veteranía, un equipo en formación que no futuro vai dar que falar”.  

 

Deportes

Publica o teu comentario agora