O mellor partido

O mellor partido
04 de Novembro, 2025 - 04:57 h. | Publicada por Radio Fene

Goleou na Coruña o Perlío feminino. Venceu a domicilio ao Orzán no campo da Torre. Orzán 0-7 Perlío. “Durante todo o partido achuchamos nós”, resume a delegada, Conchi López, que malia a súa prudencia recoñece o bo facer do equipo.

ESCOITA O PODCAST:

“Foi o mellor partido que xogamos ata agora”, di satisfeita pero prudente a delegada do Perlío feminino. E iso que as cousas non comezaron ben “empezamos un pouco mal porque non quecemento mancouse a porteira, por precaución decidimos que xogara no posto Sheila”. As xogadoras do Orzán, todas moi noviñas, non lle deron moito traballo. Os goles de Carla, Noa (2), Patricia e Uxía (3) déronlle os tres puntos ao Perlío, que vai segundo, so a tres puntos do líder, o Silva.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora