O mellor percebe

O mellor percebe
06 de Xullo, 2026 - 01:10 h. | Publicada por Radio Fene

Segundo Campionato Mundial do Percebe, que reúne en Cedeira confrarías galegas e de outros países. Unha saborosa competición para elixir o mellor percebe que vai inaugurar ás catro da tarde o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira e da que falamos en Radio Fene con Diego Iglesias, da taberna Bon Pé 

ESCOITA O PODCAST:

Campionato nacido da rocha. O percebe protagoniza un campionato mundial en Cedeira chamado a ser un gran escaparate gastronómico vinculado ao mar e á cultura atlántica, segundo a Deputación da Coruña que organiza o evento. 

No concurso participarán percebes de confrarías de toda Galicia, así como de Asturias, Cantabria, País Vasco, Portugal, Marrocos e a Bretaña francesa. Un xurado que conta cun total de seis estrelas Michelin valorará nunha cata a cegas cales son os mellores percebes. Aviará aspectos como sabor, textura, aroma, aspecto e a intensidade do mar. Ao remate haberá unha poxa benéfica en favor de Cruz Vermella.

Sociedade

Publica o teu comentario agora