O mellor pop estatal da actualidade na Sala Le Club de A Coruña

O mellor pop estatal da actualidade na Sala Le Club de A Coruña

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A banda ferrolá  Bang 74 e a música power pop do grupo madrileño Collection actúan mañán sábado en A Coruña. O concerto terá lugar na Sala Le Club da cidade herculina, sita na Rúa Rey Abdullah ,13. O custe da entrada ascende a 5 euros. O espectáculo comeza ás dez e media da noite onde se poderá escoitar o mellor pop estatal da actualidade.

A banda Collection, cuxa “Alma Mater” é Pablo Cabanes, líder e compositor, adícase a coleccionar cancións de dez en dez, cada tres anos. Cabanes, un apaixoado das melodías clásicas, dos bós retrousos, escribe unhas letras das que sae unha música que fai soñar esperto, viaxar, saltar, berrar, reír, chorar.... Unha música que remove os sentimentos e impacta no corazón.

Bang 74 é  una banda formada na tan denostada e nunca apreciada cidade de Ferrol, unha madrugada de abril de 2004 en pleno éxtasis sensorial, polos irmáns Millarengo (Fran e Oscar), Cris Veiga  e o fenés Rogelio Arias coñecido musicalmente como Roger de Flor. Este último marchou do grupo para emprender unha estimulante carreira en solitario. Tras o abandono de Roger de Flor, o trío emprende unha fuxida a diante facendo un power-pop cheo de enerxía, melodía e concreción. As sús sinais de identidade.

O pop de Bang 74 e Collection mañán sábado na Sala Le Club de A Coruña ás dez e media da noite. 

Sociedade