ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coincidindo co Día da Constitución e San Nicolás, patrón de Neda, o alcalde, Ignacio Cabezón, e a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, inaugurarán este xoves ás 11,45 horas o II Mercado de Nadal Real Vila de Neda 2012 no entorno da Casa das Palmeiras. Unha cita innovadora por canto non existe ningunha outra destas características na comarca de Ferrol e que, segundo explicou a edil, seguirá o exemplo dos tradiciona
Permanecerá aberto ata o día 9 incluído coa vocación de consolidar esta cita nesta ponte festiva da Constitución cun doble obxetivo: promocionar a actividade económica dos comerciantes da localidade favorecendo o inicio das compras
de Nadal e, á par, dar a coñecer a vila de Neda. ¿Os horarios? De 11 a 15 e de 17 a 22 horas. Os stands contarán con decoración exclusivamente navideña. ¿Qué poderán atopar os visitantes? Dende productos gastronómicos típicos da época (turróns, cavas, polvoróns...) ata posibles agasallos para as datas de Navidad e Reis, pasando polas prantas de Nadal.
Así mesmo, Montse Rico avanzou que, para facilitar as compras, o Concello porá a disposición das familias un servizo de ludoteca na Casa das Palmeiras e en horario de tarde.