O mercado off-shore e instalacións para enerxías renovables mariñas poden ser o futuro para Navantia Fene

O mercado off-shore e instalacións para enerxías renovables mariñas poden ser o futuro para Navantia Fene

05 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A catástrofe no Golfo de México provocada na plataforma petrolífera Deepwater Horizon non ten similitudes co desastre do Prestige que vivimos en Galicia hai 8 anos, a pesar que nos recorde aqueles aciagos momentos. As consecuencias tampouco son similares ainda que as imaxes tamén nos traian á memoria aquel desastre.  Así opina o  director do Departamento de Construccións Navais da Universidade da Coruña, doutor en enxe&

Afirmaba esta mañán na nosa emisora que, no caso actual, a fuga de petróleo prodúcese nun pozo a 6 quilómetros de profundidade, cando estaban perforando e unha subida de gas provocou varias explosións. No caso do Prestige, o crú procede dun barco que racha e se afunde. O cru que se verte nun e noutro caso é distinto, peor o galego, xa refinado porque é máis denso. As cantidades ata o momento son moi diferentes tamén, 10 TM vertéronse no Golfo de México e 40.000 nas costas galegas.

En relación ás solucións para atallar o problema, Primitivo González era dos que opinaban no 2002 que o Prestige non debera terse alonxado da costa.  Nesta ocasión cré que o goberno norteamericano reaccionóu rápido e acertou nas medidas aplicadas. Ten máis de 2500 persoas traballando, 100 avións e 100 Km de barreiras de contención. O selado do pozo pode levar tempo, segundo a sua opinión. Para Primitivo González, o sucedido co Prestige foi máis grave polo lugar hostil no que ocurríu, en pleno océano Atlántico, nunha ruta internacional. 

Primitivo González opina que as plataformas off-shore son moi seguras, tanto que a porcentaxe de accidentes nestes artefactos, no Golfo de México, é de unha milésima por cento. E diso sabe algo porque dirixiu a mediados dos 80 a implantación da construcción off-shore en Astano. Primitivo González defendía esta mañá que as instalacións de Navantia Fene son as dun estaleiro que foi líder en facer este modelo de buques, de feito no Golfo de México operan aínda as plataformas que saíron da ría arredor do ano 2000 : Interprise, Spirit e Deep shea.

E está seguro de que o mercado Off- shore ten aínda futuro. Por iso é dos que opinan que debería levantarse o veto a Navantia Fene antes do 2015 para non perder a oportunidade de adicarse a ese sector ou a novidosas alternativas como as instalacións para enerxías renovables mariñas. Precisamente Primitivo González traballa na actualidade, no seu Departamento da UDC, nun proxecto que deben presentar en Bruxelas sobre este tipo de instalacións para enerxías renovables que hai que buscar no mar, unha vez se están agotando en terra.

Sociedade