ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) conmemora o Día das Artes Galegas, adicado á figura do Mestre Mateo. O 1 de abril é o día escollido pola Academia para festexar esta efeméride, co obxecto de sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura de Galicia. A data foi elixida pola institución por aparecer no epígrafe das limeiras do Pórtico da Gloria, un conxunto
José Carlos Valle Pérez, académico de Belas Artes e director do Museo de Pontevedra, fixo unha exposición sobre a figura do Mestre Mateo, froito dunha investigación histórica realizada a través das súas propias deduccións da obra do arquitecto e escultor do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. “O Mestre Mateo pasou da historia ao mito para converterse nun personaxe do noso imaxinario” –explica Valle Pérez–. Mesmo o historiador lembra un feito destacado da súa obra como é o seu autorretrato no Santo dos Croques, de costas ao Pórtico da Gloria, onde os peregrinos golpean as súas cabezas a modo de actividade folclórica.
Manuel Quintana Martelo subliña que os fins da Academia son resaltar o “estudo, salvagarda e promoción das artes e o patrimio cultural galego”. Composta polos académicos numerarios, de honra e correspondentes, todos eles profesionais e especialistas de recoñecido prestixio nos campos da pintura, grabado, arquitectura, arqueoloxía e museoloxía, e expertos nas artes en xeral e nas artes da imaxe. “A Academia pretende avanzar nos intereses culturais de Galicia establecendo diversas colaboracións coas universidades e entidades galegas” –explica o presidente–.
A Real Academia Galega de Belas Artes nace en 1849 como entidade creadora de iniciativas, comisións de estudo, ensinanzas a favor das artes, museos, publicacións e actividades relacionadas coa rehabilitación e revitalización de conxuntos culturais galegos. É un órgano consultivo da Administración pública e desde 1984 institución oficial dependente da Xunta de Galicia e asociada ao Instituto de España de las Academias.