O meu avó é un gran ebanista

O meu avó é un gran ebanista
09 de Febreiro, 2022 - 10:05 h. | Publicada por Radio Fene

“Fago máis de profesora de educación artística que artesán” confesa Laura Bouza que non esquece a súa faceta elaborando peinetas para vodas, broches, pulseiras, colares e reproducións en acuarela. “O máis importante é o deseño, logo escoller a madeira e cortala, para o que me axuda o meu avó que é un gran ebanista”. l

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Laura Bouza fíxose técnica superior de artes plásticas e deseño en xoiería artística. Licenciada en Belas Artes, comezou a súa tese de doutoramento sobre “Creación de Imaxe Secuencializada. Diálogos e congruencias entre a tira cómica e a animación. Novas linguaxes visuais”. En 2015 creou Laudas Calamity, Laboratorio de Creación Artística. Na actualidade compaxina o ensino da educación artística co seu labor como artista e o obradoiro de artesanía. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora