ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Lalín será escenario da estrea da longametraxe "O meu nome é Camba" que conta a vida e obra do escritor e xornalista Julio Camba, un documental da productora "Faro" con subvención do Agadic, escrito e dirixido polo lalinense Emilio J. Fernández e o vigués, Alfonso Castaño. Preséntase o venres 26 de setembro ás 21,30h no Salón Teatro de Lalín, con entrada gratuíta. O documental gravouse en distintas locali
O documental ten unha duración de 55 minutos que conteñen unha serie de entrevistas a profesionais dos medios xornalísticos (como Luis María Ansón) e se complementan con ficcións de distintos momentos da vida de Camba, con fotografías e con imaxes documentais de arquivo. O actor galego Miguel Llanderas interpreta a Julio Camba nos últimos anos da súa vida e Emilio J Fernández a Julio Camba de mozo.
Este traballo audiovisual analiza a vida e obra dunha das figuras máis representativas do xornalismo español do século XX: Julio Camba (Vilanova de Arousa 1884-Madrid 1962). Cronista de viaxes, columnista de opinión e escritor incluído por Eugenio D`Ors na denominada “xeración novecentista”, a obra de Camba é valorada en ámbitos académicos e literarios como un referente do escritor de oficio e do intelectual achegado aos lectores.
Correspondente en moitos países
A vida de Julio Camba contén o atractivo das súas continuas viaxes polo mundo como correspondente: Turquía, Alemaña, EEUU, Perú, Italia, etc. Traballou para os mellores xornais do seu tempo e mantivo sempre unha postura ideolóxica baseada nun carácter individualista e irónico.
A longametraxe documental narra o percorrido vital e profesional de Julio Camba, facendo especial fincapé nalgúns dos acontecementos históricos máis relevantes da primeira metade do século XX: a emigración a Hispanoamérica, o fenómeno das vangardas literarias, o xurdimento da sociedade de consumo americana, o nacemento da II República Española, a Guerra Civil e as dúas primeiras décadas do franquismo.
Camba reflexionou ao longo da súa obra sobre estes acontecementos históricos e as súas crónicas, dotadas dun particular punto de vista baseado no humor, manteñen hoxe en día unha abraiante actualidade. A súa escrita segue a ser un modelo de profesionalidade. A evolución do xornalismo español ao longo do século pasado é outro dos temas presentes no documental.