ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Culleredo foi premiado polo Ministerio de Cultura pola súa campaña de promoción á lectura nas bibliotecas do municipio denominada “Algo máis que libros”. O galardón foi comunicado polo propio Ministerio, trala reunión da comisión de avaliación da campaña de animación á lectura María Moliner, a través dunha misiva asinada pola subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e
A comisión para a concesión deste galardón estivo formada por representantes da Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, da Federación Española de Municipios e Provincias e da Fundación Coca-Cola. O premio consiste nun lote de libros para a casa do concello, premio co que o Ministerio de Cultura distingue a todos os proxectos merecedores deste recoñecemento.
Logo de coñecer a decisión da comisión de avaliación do Ministerio, o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, mostrou a súa satisfacción pola mención outorgada ás bibliotecas e destacou o importante labor das mesmas na difusión da cultura e a promoción do hábito da lectura.