O misterio da fonte

O misterio da fonte
19 de Xullo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Do século XII ou do século XVIII e con pedras reutilizadas. Non se sabe con seguridade cando foi construída unha fonte singular existente en Santa Mariña de Sillobre da que nos deu detalles a técnica de Turismo Estefanía Purriños

 

ESCOITA O PODCAST:

Fonte do Asturiano, do Tesouro ou Fonte dos Mouros. Cos tres nomes é coñecida esta fonte. O máis rechamante dela é que ten como pía un sartego de granito, que mide 1,90 metros de longo e ten un furado para deixar pasar a auga. Está no lugar de Pedre, no Souto da Queira, a Fonte dos Mouros, respondendo á tradición galega que chama mouros a seres estraños, unha especie de tribo máxica á que lle atribuíron fenómenos supranormais.

Sociedade

Publica o teu comentario agora