O Monumento ao Camiñante Descoñecido medra en 2025

O Monumento ao Camiñante Descoñecido medra en 2025
13 de Decembro, 2024 - 08:17 h. | Publicada por Radio Fene

O Monumento ao Camiñante Descoñecido ampliarase ao longo de 2025. Mulleres escritoras terán bancos adicados en distintos puntos do término municipal. 

Sara Plaza naceu en Madrid. Reside en Lugo desde 2019. Brigadista incansable na defensa do idioma galego ao usáreno arreo con amable intransixencia, sen prexuízos e sen complexos.  Gañou en 2020 o Përez Parallé co libro Todos os pasos fan ruído. Manifesta un sentimento de agradecemento para o xurado, para o Concello de Fene para Galicia e para o mundo da literatura e da poesía. Ten colaborado en varios libros comunitarios e colectivos. O Parallé supuxo unha grandísima alegría para Sara Plaza. Bancos adicados a mulleres escritoras. Unha iniciativa de homenaxe á cultura e á igualdade. 

Sara Plaza é unha das mulleres seleccionadas para darlle o nome a un banco do Concello de Fene. Unha iniciativa de Radio Fene. 

 

Fotografía. Inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido. 1934. Barallobre (Fene)

Arquivo Jorge Gómez (O Seixo)
 

Cultura

Publica o teu comentario agora