O mosquetón de Foucellas

O mosquetón de Foucellas
01 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O mosquetón de Foucellas, o guerrilleiro con máis sona de Galicia, integrou a exposición itinerante que contaba a historia do país a través de cen obxectos, organizada polo Consello da Cultura Galega en 2016. 

ESCOITA O PODCAST:

Escoita a conversa co arqueólogo Xurxo Ayán:

http://173.255.131.18/audio/121222AYAN.mp3

Fotografia Emilio Romero

Foi a primeira e única vez na que o mosquetón Mauser de Benigno Andrade abandonou a vitrina do Museo Histórico Militar da Coruña. O xornalista, escritor e activista cultural Manuel Gago, alma mater de Galicia 100, fixo unhas cantas visitas guiadas e ao pouco tempo decatouse dun feito: cada vez chegaban grupos e máis grupos de xente procedentes de contextos rurais que ficaban parados tempo e tempo diante da vitrina onde se exhibía o mosquetón de Foucellas. É máis, moitos deles acudían á exposición coa finalidade últimas de ver aquela arma que ligaba lembranzas familiares e contos que remitían á resistencia e á solidariedade labrega de antano, afirma o arqueólogo Xurxo Ayán. Foi un dos conferenciantes nas Xornadas sobre a Federación de guerrillas de León - Galicia, celebradas en Carucedo o 10 e 11 de decembro de 2022.

Sociedade

Publica o teu comentario agora