O movemento dá vida

O movemento dá vida
09 de Abril, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha Andaina inclusiva percorrerá Fene o domingo, día 12 de abril, para conmemorar o Día Mundial da Actividade Física. Esta é unha das actividades que organiza o Concello en colaboración coa asociación Aspaneps con motivo do Día Mundial da Actividade Física.

ESCOITA O PODCAST:

“O movemento é vida e fainos máis felices” destaca o educador de Aspaneps Xabier Picos que anima a toda a veciñanza a sumarse á Andaina inclusiva. “Fomentar estilos de vida saudables que nos garantan vivir con calidade de vida e dignidade e iso ten consecuencias para as persoas, as familias e o conxunto da sociedade”. A Andaina inclusiva forma parte da programación que se celebra en Fene con motivo do Día Mundial da Actividade Física. Domingo día 12. Sairá ás 12 horas do Pavillón da Xunqueira e constará dun percorrido circular de 3,5 quilómetros. Non é preciso realizar inscrición previa. No caso de mal tempo substituirase a andaina por exercicios físicos suaves no interior do pavillón da Xunqueira. Ao remate haberá cantos de taberna con Son de Cantos.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora