ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A taxa de suicidios en Galicia é de 14 casos por cada 100.000 habitantes. Houbo 390 suicidios na nosa comunidade en 2014, 60 máis que o ano anterior. “Estamos nuns niveis moi alarmantes, subiu a cantidade de persoas que se suicidaron nun 25% dende o ano 2000”, explica Miguel Anxo García, psicólogo clínico e voceiro do Movemento Galego da Saúde Mental (
A conmemoración desta xornada convócaa a Organización Mundial da Saúde (OMS), que definiu o suicidio “como un dos problemas de saúde pública máis importantes aos que se enfrontan as políticas sanitarias a nivel mundial”, salienta Miguel Anxo García. Malia esa alerta, “en Galicia e no Estado non se desenvolveu unha estratexia para a prevención”. Hai tres anos que o Congreso deulle un mandato case unánime ao Goberno para que botase a andar un plan para o suicidio, mais os anos pasan sen que o traballo avance. O voceiro do MGSM sintetiza a parálise das políticas públicas arredor do suicidio: “Se tivéramos que reclamar á Xunta atoparíamos que non hai un departamento encargado desta cuestión”.
A OMS recomenda aproveitar este Día Mundial para tender a man ás persoas en risco de suicidio; escoitar aos que sofren a perda dun ser querido; difundir os recursos de prevención e atención; e, finalmente, unir forzas coas persoas e organizacións dedicadas a esta tarefa. O Movemento Galego da Saúde Mental celebra esta tarde en Compostela un encontro divulgativo cos medios de comunicación e outro aberto ao público a partir das 19 horas no Centro Sociocultural do Ensanche.