O Mugardos prepara a festa do ascenso

O Mugardos prepara a festa do ascenso

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A xunta directiva do Galicia de Mugardos prepara unha festa completa para celebrar este sábado a consecución do ascenso á Preferente Autonómica. Conseguiron xa autorización da Federación Galega de Fútbol para adiantar o último partido de Liga, fronte ao Orillamar da Coruña para este sábado 9 de maio. Ningún dos dous equipos xoganse nada e por iso o organo federativo permitiu modificar o horario oficial do encontro. 

O partido xogaráse o sábado ás 5,30 da tarde no campo da Pedreira en Mugardos. Segundo salientou o presidente da entidade Domingo Martinez a Radiofusión ofreceráse unha churrascada gratuita para todos os socios e socias da entidade. A festa está asegurada ata altas horas da madrugada.  

Sociedade