ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O embalse de Cecebre, unha finca de Abegondo na que cultivan lúpulo e o Museo de Estrella Galicia son as principais paradas do Ecotour cervexeiro de Estrella Galicia. Convidounos a facelo, no espazo Bulebule de Radio Fene, Ana Rodríguez, profesional da axencia de viaxes fenesa Zafiro Tours
“Sempre é ben saber como se elabora e coñecer as materias primas dos produtos que consumimos”. Con esa idea comezamos o Ecotour cervexeiro Estrella Galicia. A xornada comeza cunha visita guiada polo embalse de Cecebre, que subministra de auga á cidade da Coruña e de onde obteñen a auga para facer a cervexa. “É unha auga de moi alta calidade, para o consumo humano, outra parte moi importante é o lúpulo, na finca da cooperativa Lutega, en Abegondo, coñeceremos os procesos de plantación, cultivo e procesado do lúpulo, é unha planta trepadora as súas flores secas dan o amargor á cervexa. Despois de xantar na zona de Betanzos, a visita continúa pola tarde no Museo de Estrella Galicia “un museo interactivo, o único dedicado á cervexa en España e que, ademais, está dentro dunha fábrica, ten máis de 2.500 metros cadrados e merece moito a pena”. Alí pódese ver unha colección de botellas antigas, materiais de marketing e publicidade, que axudaron a darlle tanta sona a unha das marcas galegas máis recoñecidas no exterior, e mesmo aprender como se debe tirar unha boa cervexa. Unha atractiva excursión para pasar un día distinto sen viaxar moi lonxe.
Publica o teu comentario agora