O mundo dos rallies solidario coa Cociña económica de Ferrol

O mundo dos rallies solidario coa Cociña económica de Ferrol

12 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Concello de As Pontes, colaborará o vindeiro sábado coa segunda edición da Roita Turística Solidaria de Ferrolterra. A proba, organizada pola asociación automobilístico solidaria Scrach Galicia coa colaboura da escudería Scratch Fene,  será puntuable para o  Campionato Galego de Rallies de Segunda Categoría, e na mesma poderán participar tanto vehículos históricos, coma turismos,  coches de competici&oa

E é que o principal fin desta proba non é lograr un bo rexistro, senón  acadar a maior cantidade posible de alimentos  non perecedeiros para  doar á Cociña Económica de Ferrol.
Cada competidor deberá  levar no seu vehículo  como mínimo  dez quilogramos de alimentos non perecedeiros ademáis de  participar nos diferentes tramos nos que estará dividida esta proba e que arrincará   en Mugardos para chegar contra das 12.00 horas  á parroquia pontesa de Goente  onde os participantes poderán visitar a Casa do Mel e participar nunha demostración de envasado de mel.

Asemade, tamén está previsto que os competidores desenvolvan un tramo cronometrado á altura da zona do Campo de Tiro de Pena da Revolta.

Xa ás 14.30 horas e ata as 16.30 os vehículos participantes quedarán estacionados na avenida da Coruña, nun parque pechado, o que permitirá que veciños e veciñas desfruten destes  clásicos  máis de preto, namentras que os seus pilotos  degustan  pratos típicos de As Pontes nun restaurante local.

De feito, nesas dúas horas, os veciños e veciñas que desexen colaborar con esta iniciativa poderán aportar alimentos non perecedeiros no posto da organización que quedará instalado na propia avenida da Coruña.
                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                        
Está previsto que unha trintea de vehículos tomen parte nesta proba aínda que calquera que así o desexe tamén se poderá sumar a esta competición con tan só inscribirse no 676 72 62 60.

Antecedentes

A Roita Turística Solidaria de Ferrolterra nacía ao abeiro do Rali Internacional Solidario Mongol Rally de 2009, onde se contou coa participación de dous pilotos da escudería Scratch que, dende Fene, cubriron en 34 días a distancia entre o municipio coruñés e Mongolia, onde fixeron entrega de material humanitario e dos sous Fiat Seicento empregados para este importante reto co fin de axudar a aqueles máis desfavorecidos do continente asiático.

Así se xestou en 2010 esta primeira roita solidaria de Ferrolterra na que se lograronrecoller 400 quilogramos de comida tamén para a Cociña Económica de Ferrol gracias á participación dunha trintena de vehículos.

Sociedade