O mundo podcast e a rapazada

O mundo podcast e a rapazada
10 de Novembro, 2022 - 10:16 h. | Publicada por Radiofusión

A rapazada do colexio de Moeche visitou esta mañá os estudios de Radio Fene. Gravaron varios podcast nos que viñan traballando nas últimas semanas. Outro obradoiro con idéntico contido impartiuse tamén desde outubro no colexio de Cabanas. 

Fotografía Xan Xe

Os nenos e nenas dos CEIP San Ramón de Moeche e Eladia Mariño de Cabanas participaron nas pasadas semanas en sendos obradoiro de podcast impartido por Susana Falcón dentro do proxecto Onda ODS. Pablo García impartiu outro obradoiro coa asociación de mulleres rurais de A Estrada. Na iniciativa participa Radiofusión xunto coas Emisoras Municipais de Andalucía, La Xarxa de Cataluña e a Rede Estatal de Medios Comunitarios. Conta coa axuda do Ministerio de Dereitos Sociais e da Axenda 2030.

Participantes no obradoiro de podcast do CEIP Eladia Mariño en San Martiño do Porto (Cabanas)

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora