O mural da rapazada

O mural da rapazada
07 de Agosto, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Nenos e nenas de Fene tamén debuxaron un mural nas inmediacións dos módulos de Perlío. Nunha estrutura montada no lugar, Carlos Sardiña deseñou unha paisaxe bucólica e distintos músicos cos seus instrumentos. A rapazada pintou e gozou con pinceis, brochas e pinturas. É unha homenaxe á música, segundo o deseñador Carlos Sardiña.

A actividade formou parte do Perla mural fest 2025.

Cultura

Comentarios

Este mural lo pintó David Barrera y es en la Calle Paralela San Esteban...y no lo.pintaron ningún niñ@!!!
Nome: 
Patricia

Tiñas razón Patricia. Foi un erro noso ao poñer a imaxe. Xa está solventado e a imaxe que aparece corresponde efectivamente ao mural pintado pola rapazada. Moitas grazas
Nome: 
Henrique

Publica o teu comentario agora