O mural das mulleres

O mural das mulleres
28 de Marzo, 2021 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres protagonizan o primeiro mural realizado no concello de Fene con este motivo. Foi unha iniciativa dos Servizos Sociais municipais polo 8 de Marzo. Varias pintoras locais participaron na obra que está a punto de acabarse.

Ao longo do mes de marzo, Dolores Fernández, Saila Chao (autora do Manifesto do 2021) e Dulce Anca, xunto a outras compañeiras pintoras como Mari Carmen García Roel, Marta Barro, Oliva Yañez ou Eva Seoane encárganse de xeito desinteresado da realización dun mural conmemorativo en San Valentín, fronte ao Centro Municipal de Servizos Sociais.

Dende a Área de Igualdade do Concello de Fene, reiteran o seu compromiso continuado pola consecución dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta, visibilizando ás mulleres protagonistas da nosa historia local. Así, este ano adícouse o 8 de Marzo “ás mulleres pintoras do noso municipio, un colectivo importante e con gran prestixio en Fene e bisbarra. Mulleres pintoras que á sua vez son mestras e formadoras de novas xeracións de pintoras”.

O mural, de moitos metros de longo, representa a diferentes colectivos de mulleres traballadoras, entre elas están as sanitarias, peixeiras, labregas, deportistas, mariscadoras, camareiras, cociñeiras, artesás, escritoras, perruqueiras, músicas,… e por suposto as artistas. Co fin do mes de marzo remata esta aportación colectiva das nosas pintoras. So hai que achegarse a San Valentín e disfrutalo calquera dia solleiro dos que se aveciñan na Semana Santa. Parabéns.

Cultura

Publica o teu comentario agora