O mural desperta moita espectación

O mural desperta moita espectación
26 de Marzo, 2021 - 11:31 h. | Publicada por Radio Fene

Os Servizos Sociais municipais de Fene poñen en marcha a Escola de Familias despois da Semana Santa e o mural do 8 de marzo finalízase esta fin de semana.

ESCOITA O PODCAST:

A concellería de Benestar de Fene vai poñer en marcha o programa “Escola de familias” un proxecto desexado desde hai tempo e que chegará despois da Semana Santa. A concelleira Mª Carmen Martínez explica que funcionarán dous grupos de país e nais, máis reducidos, a causa da pandemia, un será os martes e outro os xoves, cunha hora e media de duración. De momento diríxese a país e nais usuarios dos Servizos Sociais. Unha vez se normalice a situación sanitaria, afirma Martínez, estenderase ao resto da cidadanía. “Temos moi boas referencias de Narón, onde funciona moi ben” afirma a concelleira para engadir que se abordarán temas relacionados coa problemática familiar, a afectividade, emocións, etc. Martínez quixo deixar claro que nos SS SS de Fene non hai lista de agarda, que as portas están abertas a todo o mundo e que ela está alí a diario, de 8 a 15h.

O mural

Moita curiosidade está despertando o mural realizado ao longo deste mes por oito pintoras para conmemorar o 8 de marzo. De “espectacular” cualifícao a concelleira de Benestar e Muller para significar que con el se da visibilidade ao traballo que realizan as mulleres, profesións máis tradicionais ou de máis recente incorporación. Esta fin de semana quedará listo e firmado co símbolo feminista que realizarán as propias autoras.

Institucional

Publica o teu comentario agora