O Museo de Arqueoloxía de Vilalba xa ten o horario de verán

O Museo de Arqueoloxía de Vilalba xa ten o horario de verán

03 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba ten novo horario. Co motivo da chegada do verán, esta institución cultural chairega mudou os seus tempos de visita. Todos aqueles que queiran aprender e observar útiles da Idade da Pedra Lascada (Paleolítico, Epipaleolítico e Mesolítico), Idade da Pedra Pulida (Neolítico e Megalitismo), Idade do Bronce (Calcolítico e Idade do Bronce), Idade do Ferro (Mundo Castrexo) e da Época

Na actualidade, ademais da exposición permanente, conta coa mostra “Pioneiros da Arqueoloxía. “Fermín Bouza-Brey (1901 – 1973)”; e “Acubillo de Pena Grande (Vilalba-Lugo)”, asentamento que foi descuberto e escavado por D. José Ramil Soneira a finais da década dos sesenta do século XX, e que constitúe o xacemento do Paleolítico superior máis importante de Galicia polos estudios alí realizados e pola cantidade e calidade do restos achados.

Cultura