O Museo de Humor de Fene empeza a sua reforma

O Museo de Humor de Fene empeza a sua reforma

02 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

200.000 € para a reforma do Museo do Humor de Fene. A achega  procede do FEIL. O edil de Cultura, edgar Vigo, afirmaba que a idea da reforma é facer visitable o museo, convertilo nun referente para os veciños de Fene e comarca, así como  nun atractivo turístico.  Para Edgar Vigo o museo do humor ten uns fondos valiosísimos pero carece do atractivo preciso para atraer ao publico.

As obras comezaron xa a semana pasada e durarán cinco meses. Os cálculos para abrir as portas do novo museo do humor lévannos ao mes de decembro. Reorganizaránse os espacios e procederase a instalar unha nova iluminación. O proxecto inclue por exemplo a creación dunha sala de xogos infantís para os pequenos, outra sala do humor negro, outra sala adicarase ao humor galego, unha cafetería, etc, segundo explica a nova xestora do museo, Rosa Marcos.


Rosa Marcos atopouse ao chegar con enormes recursos de humor gráfico pero comprobou que, por falta de recursos, o museo quedou parado no tempo, nos anos 80, como un museo exclusivamente expositivo. Segundo a nova xestora hai moito que facer para poñelo á altura dos tempos que corren, no que este tipo de recintos precisan ser máis interactivos.
Preténdese crear un conxunto coherente, que sexa un centro de cultura e turístico, que chegue a ser un elemento de identificación con Fene. Neste momento estase facendo o arquivo dos fondos e estudando os recursos que, no campo do humor, hai para utilizar no futuro recinto remozado.  

Sociedade