O Museo de Lugo acolleu unha demostración da elaboración e cata do café

O Museo de Lugo acolleu unha demostración da elaboración e cata do café

13 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo de Lugo tivo hoxe cheiro a bo café, despois de que a área de Cultura da Deputación, dirixida polo nacionalista Antón Bao, xunto coa Asociación de Hostaleiros de Lugo organizasen unha charla-demostración á que acudiron o propio Bao, xunto co delegado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, así como Cheché Real en representación dos hosteleiros lucenses. A xornada estivo guiada por Jos

O vicepresidente primeiro, Antón Bao,  felicitou a estes dous rapaces lucenses polos seus triunfos e quixo lembrar que “ademais de poder afirmar que, como demostran hoxe estes dous rapaces lucenses, en Lugo e Galicia temos unha potencialidade inmensa no noso capital humano, tamén temos outros valores engadidos como a calidade dos nosos produtos e materias primas, coma o leite, que conxugados co mellor grao de café constitúen delicias gastronómicas merecentes dos mellores premios aquí e no Estado”.

Nesta charla-demostración os dous expertos baristas lucenses transmitiron ao público asistente os seus consellos e coñecementos á hora de elaborar un bo café, así como os aspectos a ter en conta á hora de comprobar e degustar todas as características que definen e se valoran dun café, como o seu aroma, sabor, ou presentación.

Sociedade