O Museo do Pobo Galego acolle a exposición de Granell, no seu centenario

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición de Granell, no seu centenario

20 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O Museo do Pobo Galego inaugura mañán a exposición dunha selección dos fondos que integran a colección étnica da Fundación Eugenio Granell. A Fundación celebra este ano 2012 o centenario do nacemento de Eugenio Fernández Granell. O artista nunca esqueceu a cidade de Santiago de Compostela, e por iso, a súa Fundación celebra este evento amosando a súa obra e tamén o importante e rico legado que forma os fondos da Funda

Cando en 1995 se constitúe a Fundación Eugenio Granell o Museo do Pobo Galego acolleu as coleccións por vez primeira. Esta exposición, comisariada por Natalia Fernández Segarra, recolle as obras máis representativas da colección étnica de
Granell, quen, coma moitos dos seus compañeiros surrealistas, compartía coas culturas étnicas unha percepción similar do obxecto. As culturas étnicas atribúen aos obxectos un espírito propio. As máscaras, esculturas e outros obxectos personifican
espíritos que durante os rituais posúen unha grande importancia, transformando o individuo que os porta. Para os surrealistas, a capacidade dun obxecto de evocar imaxes mentais e, a través delas, emocións poderosas, dotan ese obxecto do marabilloso.

A exposición inaugúrase o xoves 21 de xuño ás 20.00h e permanecerá no Museo do Pobo Galego ata o 2 de setembro.
Horario: martes a sábado, 10h00-14h00 e 16h00-20h00
domingos e festivos, 11h00-14h00
Entrada libre

Sociedade