O nacionalismo galego, a debate hoxe no Centro Uxío Novoneyra de Lugo

O nacionalismo galego, a debate hoxe no Centro Uxío Novoneyra de Lugo

01 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro Uxío Novoneyra de Lugo acolle, contra as 20 horas do serán, a presentación do libro do historiador Uxío Breogán Diéguez Cequiel, “O nacionalismo galego nos seus programas políticos”, publicado pola Fundación Galiza Sempre, en colaboración coa Deputación de A Coruña e a Revista “Murguía”. Ao acto acudirán o propio autor e o director desta institución cultural galega, Xabi

Esta nova publicación recolle os principais textos políticos xerados polo nacionalismo galego no século XX. Así, son os programas políticos, analizados por historiadores e politólogos, os que determinan esta viaxe polas traxectorias das principais organizacións que marcaron a senda do nacionalismo da pasada centuria en Galicia.

Os documentos referentes ás Irmandades da Fala, ao Partido Galeguista, á UPG, ao PSG, ao Consello de Forzas Políticas ou ao BNG serán a base sobre a que sustentar un debate e unha reflexión sobre a traxectoria nacionalista.

Lugo é a segunda parada na rolda de presentacións que “O nacionalismo galego nos seus programas políticos. O século XX” realizará por Galicia, despois da presentación do 29 de setembro na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago, que contou coa presenza de Xosé Manuel Beiras, presidente da FGS e dos colaboradores da publicación: Comba Campoy (coordinadora), Xusto Beramendi, Xosé Ramón Quintana Garrido, Noa Rios Bergantinhos, Manuel Anxo Fernández Baz, Prudencio Viveiro e Uxío Breogán Diéguez Cequiel.

Tras a visita á capital lucense, os responsables desta publicación acudirán a Pontevedra, o vindeiro 7 de outubro, ás 20 horas na Casa das Campás; a Ourense, o xoves 8 de outubro, ás 20h. na Libraría Torga; no Centro Casares Quiroga de A Coruña, o mércores 14 de outubro, tamén ás 20 horas; e en Vigo, na Casa do Libro, ao día seguinte, o 15 de outubro, as 20 horas do serán.

Cultura