O Nadal peta na porta

O Nadal peta na porta
05 de Decembro, 2024 - 09:08 h. | Publicada por Radio Fene

O Nadal chega a Fene co acendido do alumeado esta tarde, ás seis. Desta e doutras iniciativas que ten en marcha o Concello con motivo das festas informou en Radio Fene a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

ESCOITA O PODCAST:

Nenos e nenas de Primaria contribúen a ambientación de Nadal cos traballos que realizaron para decorar o acivro situado a carón da Casa do Concello. Moi cerca del instalouse unha estrutura que representa un abeto que será decorado con aplicacións feitas a gancho por un grupo de mulleres. O photocall que percorrerá as parroquias, o concurso de decoración de fachadas e ventás ou balcóns e a festa para dar a benvida ao ano 2025 son outras iniciativas do amplo programa que animará Fene durante o Nadal. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora