O Narón, a 3 puntos da promoción tras vencer ao Pontevedra B (2-0)

O Narón, a 3 puntos da promoción tras vencer ao Pontevedra B (2-0)

28 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os goles de Juanito e Pablo Rey servíronlle ao Narón para facerse cos 3 puntos no encontro da Terceira División de fútbol xogado esta tarde no estadio de Rioseco diante do Pontevedra B. O equipo de Luis Miguel García colócase 6º na clasificación con 42 puntos, a 3 do Cerceda que figura no cuarto posto, o último que da acceso á fase de promoción. Todo iso a espera do que ocurra mañá nos restantes partidos da xornada.

O gol de Juanito abriu o marcador e serviu para aportar tranquilidade ás filas de Narón. Na última media hora do encontro o filial do Pontevedra exerceu maior presión sobre a portería que defende Simón. Xa no minuto 48 Pablo Rey incrementou a ventaxa para o conxunto de Rioseco.

Deportes