O Narón agarda a un potente Compostela

O Narón agarda a un potente Compostela

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Perderon un único partido contra o Lalín no que vai de Liga. Pero os de Luis Miguel Garcia empataron no partido de ida en San Lázaro e aspiran a continuar a súa boa racha e quedarse cos tres puntos.

 

En Narón esperan recibir a uns 200 ou 300 hinchas do Compostela, polo que están avisadas a Policia Municipal e a Policia Nacional para evitar incidentes. A entrada ao estadio de Rioseco custará 10 euros. Os xubilados e pensionistas pagarán só o 50% e os desempregados que presenten a tarxeta do paro terán acceso gratuito. Os xogadores do Narón saltarán ao campo cun brazalete negro e gardaráse un minuto de silencio en memoria de Iván Outes, o ex xogador da entidade que morreu onte en accidente de tráfico en Campolongo.

 

O Narón é na actualidade sexto con 35 puntos e un partido menos. Situase a un punto dos postos de promoción. O Compostela é lider con 50 puntos. O partido comezará este sábado ás 18 horas no estadio de Rioseco en Narón.

 

 

 

Deportes