O naufraxio do "Castillo de Coca" na moa do Segaño

O naufraxio do "Castillo de Coca" na moa do Segaño
12 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Confirmase que no accidente do “Castillo de Coca” morreron vinteseis tripulantes", titulaba El Correo Gallego o 4 de decembro de 1947. O naufraxio tivo lugar na moa de Segaño na entrada da ria de Ferrol. Atenderon aos catro superviventes no Hospital de Mariña de Ferrol. 

Fotografia Xan Xe

Vinteseis persoas faleceron no naufraxio do “Castillo de Coca” buque que embarrancou o 2 de decembro de 1947 na moa do Segaño. Un estaleiro de Dinamarca construíra o barco en 1919. Tratábase dun mercante dotado de catro adegas, 79 metros de eslora por 12 de manga. Era propiedade da Empresa Nacional Elcano.Partiu o 27 de novembro de Sevilla con destino a Pravia en Muros de Nalón Asturias. 30 homes compoñían a tripulación. O forte temporal e problemas na máquina obrigaron ao capitán a cambiar de rumbo para entrar de arribada en Corcubión. A néboa e os fortes chuvascos impediron a arribada e o buque tivo que continuar viaxe. O novo destino elixido foi Ferrol. O 2 de decembro de madrugada chegou ás proximidades da ria de Ferrol. A situación complicouse tanto que o “Castillo de Coca” encallou na moa de Segaño. Catro tripulantes conseguiron chegar á costa. O resto dos tripulantes faleceu.

 

 

Fotografia Xan Xe
 

Seguro que che interesa
Sociedade

Publica o teu comentario agora