O naval é fundamental

O naval é fundamental

06 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Multitudinarias manifestacións desenvolvéronse este mediodía nas rúas céntricas de Ferrol e Vigo, zonas especialmente castigadas polo desemprego. As movilizacións reclamaron compromisos políticos firmes en favor do sector naval e do automóbil. "Hai alternativas, pero tanto o goberno español como a Xunta de Galicia miran para outro lado" afirmou o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega Xesús Seixo.

Na comarca de Ferrol, 17.000 empregos dependen do sector naval, segundo aseguran os sindicatos convocantes da movilización. En Vigo, as centrais denuncian a existencia de 32.000 parados na cidade e 60.000 na comarca.

Queremos traballar e non emigrar

"A que cheira a ría? A merda todo o día" berraban algúns dos numerosos manifestantes que respaldaron a convocatoria sindical en Ferrol. Pancartas pedindo solucións para empresas como Privilege e Poligal, alternaban coas reclamacións en defensa da sanidade e do ensino públicos. Moitos carros con raparigos misturábanse con bandeiras do PSdeG e do BNG. Outra das consignas que soou na marcha reclamaba "O veto a Astano, que o quiten este ano".  A demanda de construción inmediata do dique flotante para Navantia, foi outra das demandas da protesta. Segundo os convocantes, supon unha infraestructura imprescindible para a supervivencia do departamento de reparacións. Denuncian a perda nos últimos meses de 17.000 empregos entre directos e indirectos. Xunto á reclamación de carga de traballo para Navantia, demandaron o ferrocarril a Caneliñas, a via de alta capacidade de Ferrol a San Cibrao e o urxente saneamento da ria.

Sociedade