O negocio da gasosa

O negocio da gasosa
28 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Varias fábricas de gasosas funcionaron a comezos do século vinte en Fene. A fábrica de Calviño na curva do Cádavo, outra na avenida Marqués de Figueroa  e a de Lisardo Gómez, a fábrica de gasosas e xaropes La Esperanza, nas Chancas, no edificio onde logo funcionou o Bar O Túnel, ou o bar de Eduardo. Repasamos a historia local desta industria coa técnica da Oficina de Turismo de Fene, Estefanía Purriños.

ESCOITA O PODCAST:

A gasosa comezou sendo unha bebida para xente con posibles e acabou popularizándose ata o punto de que proliferaron as súas fábricas. Esperanza era o nome da muller de Lisardo Gómez e dunha filla da parella. A súa fábrica de gasosas, La Esperanza, non foi a única que houbo no concello de Fene, pero si é da que conservamos máis información, porque Lisardo foi un home emprendedor que deixou rastro na prensa, viviu dous incendios e acumulou moitas propiedades. Da fábrica de gasosas que tiña Teresa Fernández, do 1925 ao 1927, en Perlío, Estefanía contounos que vendía ao por maior FRUCHAMPAÑ, “un champán de froita, bebida moi agradábel, que non contén alcol”. Tamén en Fene funcionaron outras fábricas de gasosas, a de José Veiga Blanco, do 1926 ao 1927, a de Francisco Freire Vida, do 1930 ao 1936, e a de Guillermo Pazos do 1930 ó 1933.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora