O negreirense Luís Calvo chega no posto 15 ao cumio do Empire State

O negreirense Luís Calvo chega no posto 15 ao cumio do Empire State

01 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O nome da vila de Negreira asomou no máis alto do Empire State Building de Nova York nesta xornada. O atleta local Luís Calvo rematou no posto 15 da xa clásica carreira polos chanzos do edificio que escalaba King Kong e na que participan corredores chegados de todo o mundo que lle teñen aversión ao ascensor. En declaracións recollidas pouco despois da proba por Radio Negreira, Calvo laiouse de non ter logrado unha clasificació

Canto se tarda en chegar ao cumio do Empire State Building, o rañaceos máis famoso do mundo e símbolo de Nova York? Pois, por exemplo, 12 minutos e 17 segundos. Eses foi o tempo que empregou Luís Calvo Castro, en remontar os 1.576 chanzos de tan singular inmoble construído en 1931. Calvo chegou co camiseta da súa vila natal de Negreira á cimeira da civilización occidental no posto 15 de entre todos os competidores e teríao feito nunha clasificación mellor de non ser polos atrancos que lle supuxeron outros participantes máis lentos e que lle impediron mellorar o seu ritmo. O atleta da parroquia de Logrosa chegou a uns dous minutos do favorito e finalmente vencedor, o alemán Thomas Dold. 

Deportes