ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dende o pasado venres, Juan Lourido é oficialmente o novo concelleiro de Organización e Seguridade do Concello de Fene, o que engloba as competencias en materia de Persoal, Formación e Emprego. Como obxectivo de partida, este veciño de Barallobre asegura que porá todo seu empeño en que as súas áreas funcionen o mellor posible logo dun período en que “estiveron un pouco abandonadas”, á espera da reorganización do g
Segundo o novo concelleiro de Organización e Seguridade de Fene, “é urxente poñer en marcha de novo a área de Persoal e comezar coa negociación colectiva”. Onte mesmo, Juan Lourido mantiña unha primeira xuntanza cos sindicatos e coa Xunta de Persoal do Concello, un encontro que cualificou de “ameno e cordial”. Porque un dos retos que se marca o novo edil de Persoal de Fene é, segundo declarou a Radiofusión, “acabar co clima de tensión existente nos últimos meses”.
Na primeira reunión de Lourido cos representantes dos traballadores chegouse xa a un primeiro acordo de facer ponte a vindeira semana, con motivo da festividade de San Xosé. Ademais, segundo adiantou, moi pronto convocará novas xuntanzas para ir avanzando na negociación colectiva.
Outra das áreas das que se ven de facer cargo o concelleiro socialista é a de Formación. Neste senso, e como novo responsable da Escola Obradoiro de Fene, Juan Lourido afirmou esta mañá no programa A Fenestra, que “a escola taller está a funcionar ben porque conta cun persoal moi eficiente”. O que falta, engadiu, é que os alumnos e alumnas se ilusionen un pouco máis por participar nun proxecto que lles pode abrir camiño ao mercado laboral.