ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O copago dos 43 fármacos de prescripción hospitalaria non entrará en vigor o 1 de outubro, como tiña prescrito o goberno central. "Temos que establecer un mecanismo máis áxil, rápido e eficiente nos hospitais" asegurou o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, á hora de xustificar o retraso na aplicación desta medida.
Feijóo xustificou o novo copagamento de fármacos hospitalarios que o seu Goberno xa descartou non implementar na pasada xornada baseándose na necesidade de xestionar "con responsabilidade" tras a etapa no Executivo central dos socialistas, aos que responsabilizou "da crise" e da "diminución de fondos" para servizos públicos. Dito isto, reivindicou a xestión da Xunta e destacou que, fronte ao que acontece noutras comunidades, en Galicia se fan infraestruturas sanitarias e se aumentou o peso do gasto social nas sucesivas contas autonómicas dende que entrou en San Caetano. Así, ratificou que tamén se incrementará nos presupostos de 2014 e proclamou que Galicia "non envexa a política social" de ningunha outra comunidade. Mentres, o presidente do Grupo Socialista, Pachi Vázquez, acusou ao presidente galego de levar "o copagamento no ADN" e cualificouno de "auténtico destrutor dos servizos públicos". Na última sesión de control antes do congreso no que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, tomará as rendas dos socialistas, Vázquez acusou a Feijóo de "converter as vítimas" da crise "en culpables" aplicando "a súa palabra favorita de copagamento" e de transformar os culpables en triunfadores" ao negarse, por exemplo, a estipular "un imposto á banca". Denunciou que se vaian cobrar os medicamentos aos enfermos crónicos.